Tuesday 07 de May de 2024

Acto aberto do BNG de Cabanas na Escola do Peón de Laraxe


O encontro terá lugar o martes, 16 de maio, ás 20h

No marco da campaña das eleccións municipais, o BNG de Cabanas organiza un acto público aberto este martes, 16 de maio, ás 20h na Escola do Peón, en Laraxe.

No acto participará o candidato á alcaldía de Cabanas polo BNG, Iago Varela, xunto con outras persoas que forman parte da candidatura.